|
¿Que é un currículo?
É un xeito de amosar a unha empresa, nun ou dous folios, aqueles datos que nos axudarán a conseguir un emprego. Á hora de escribilo, debemos seguir certas regras, respetar certas convencións, aportando os nosos datos de formación e experiencia profesional e, por suposto, en ningún caso debemos faltar á verdade.
No noso Currículo Vitae temos a opción de empregar á nosa conveniencia determinados recursos ou mesmo eludir aspectos que non nos aporten beneficio.
Ante un anuncio dunha oferta de traballo responden varios candidatos e si a oferta é interesante o número de currículos que recibe un seleccionador sería suficiente para empapelar toda a súa oficina.
O seleccionador, que é humano, tentará, como todos, reducir esa morea de papeis o máis rápido posible polo que aqueles currículos que non capten a súa atención ou sexan demasiado longos irán directamente ó lixo. Un Currículo Vitae debe poder entenderse en 15 segundos polo que temos que por en funcionamento a nosa capacidade de síntese. Si a persoa que le teu currículum non atopa o que busca na primeira metade da primeira páxina, deixará de lelo.
¿Cómo conseguir manter a atención de quen lea teu CV? Seguindo a regra das 5C:
- Claridade: é dicir, debe estar ben organizado, seguindo un esquema lóxico, lexible e comprensible
- Concisión: vai ó grao e presenta só aquela información precisa e relevante, pero sempre de xeito escueto
- Completo: asegúrate de que incluiches tódolos datos co lector do teu CV precisará para tomar unha decisión informada sobre o destino da túa solicitude
- Consistente: non mestures as formas en que presentas a información, é dicir, si presentas a formación académica da máis recente á máis lonxana no tempo, faino do mesmo xeito no resto dos apartados
- Corriente: esto é, os datos deben incluir toda a información e deben estar permanentemente actualizados, así cada vez que realices un cursillo ou cambies de traballo apresúrate a incluir os datos necesarios e relevantes no CV
Cando te sentes a escribir teu currículo antes de nada debes ter claro que tipo de traballo estas buscando, o que te permitirá destacar nel os datos que máis poderían interesar á empresa. Por exemplo, si buscas un traballo de farmacéutico, ó seleccionador non lle interesa moito que traballaras de camarero no verán.
O seleccionador ten moi claro de antemán cales son as características que busca no candidato, procura “adivinalas” e enfoca teu currículo en función deso. Sintetiza. Resalta a parte da túa experiencia que te leve á entrevista, non coloques os datos ó chou. Si queres producir interese, escribe todo aquelo co reclutador quere oír por orden de importancia, non por orden cronolóxico.
O currículo debes estructuralo do seguinte xeito:
- Datos personais: Nome e apelidos, lugar e data de nacemento, estado civil, enderezo personal, teléfono-correo electrónico-fax,...)
- Formación académica: títulos obtidos indicando o centro, lugar e data correspondentes. Cando describas os estudios fixeches, coloca en primeiro lugar aqueles que teñan relación directa co traballo que queres conseguir
- Experiencia laboral: escribe datas, nome da empresa, as actividades que realizabas, etc. Pero de forma escueta, xa terás tempo de explicar os detalles na entrevista
- Idiomas: indicar el nivel oral e escrito e os títulos correspondentes
- Informática: especificar dominio de programas, linguaxes de programación, ferramentas como Internet, etc. Convén centrarse nas ferramentas que serán máis útiles para levar a cabo o traballo ó que aspiras
- Outros datos de interese: aficcións, actividades complementarias, deportes, etc. Este apartado é moi importante, porque aquí tes a oportunidade de amosar que es creativo, tes capacidade de decisión, gustache innovar ou sabes traballar en equipo, etc.
Resumindo, un bo curriculo:
- Será claro e diáfano, non empregues linguaxe petulante ou rebuscado
- A ortografía será perfecta e tamén a sintase que conterá frases breves e sinxelas
- Empregar recursos como boa letra, sinalizacións, pero sen sobrecargalo
- Será esquemático, que se poida ler fácilmente
- Faino a ordenador e coida a impresión, emprega unha boa calidade de papel
- Evita a información irrelevante e confusa, os datos imprecisos e inexactos e os anexos e apéndices innecesarios
- Destaca as túas habilidades prácticas, aquelas que son comúns a tódolos traballos, por exemplo, a capacidade de liderazgo, de traballo en equipo, etc.
- Evita cualquer tipo de información negativa, esa parte é mellor explicala na entrevista
- Evita influencias: escribe teu currículo antes de comparalo con outros, esto daralle un carácter personal ó mesmo co seleccionador valorará como positivo
Pola contra, á hora de escribir o teu currículo debes evitar os seguintes erros:
- Ter presa
- Exceso de síntese, xa co seleccionador pode interpretar que tes poucas ganas de traballar
- Non pensar no destinatario: debes ter moi claro a quen lle envías o teu currículo e así poder enfocalo en función dos requisitos
- Omitir detalles que lle dean relevancia á túa candidatura
- Cometer erros ortográficos, gramaticais ou de deseño: revisa o currículo varias veces para poder detectalos
- Envialo a xente que non estea interesada: o envío masivo de currículos é un gran erro, selecciona aquelas ofertas que realmente te interesen e nas que teñas posibilidades de conseguir unha entrevista
Existen dous tipos de currículos cos seus vantaxes e inconvintes:
|
VANTAXES |
INCONVINTES |
CURRICULO ON LINE |
O formato é predefinido e permite concretar a información.
Algunhas webs ofrecen a posibilidade de realizar ata cinco tipos diferentes de formatos adaptados ás necesidades de cada usuario conforme ós postos ós que opta e permiten a estandarización e a posible comparación rápida de perfiles.
|
A falta de creatividade
O esquematismo ó que se ve cinguida a información. |
CURRICULO CONVENCIONAL |
Permítenos ser creativos e centrarnos máis naqueles aspectos que cremos relevantes |
Ó ser un campo aberto é máis sinxelo “mete-la pata”
Para o seleccionador é máis díficil de ler porque debe buscar información nun formato que descoñece |
|