Ir a la página principal
Directorio de Empresas de Empleo

CANDIDATOS
 Insertar currículo
Menú privado
Buscador de ofertas
Empresas colaboradoras
Formación
Noticias
EMPRESAS
Alta de empresa Gratis!
Menú privado
Servizos e tarifas
Servizos a empresas
Noticias
RECURSOS
E-learning
¿Quen somos?
Consellos laborais.
Tests psicotécnicos !!
Preguntas frecuentes
Recoméndanos
Contacto
Axenda Cultural
 Consellos. 

A entrevista


         Independentemente do tipo de entrevista, existen unha serie de pasos comúns a todas elas:



  • Primeira avaluación: O desenvolvemento da mesma incluirá seguramente unha primeira avaluación dos teus coñecementos, comprobando o teu itinerario académico, o porqué da túa elección, así como o grao de satisfacción acadado e os teus proxectos de estudio futuros, de habelos.

  • Traxectoria profesional: Seguidamente abordaránse as cuestións relacionadas coa túa traxectoria profesional ata o momento, as prácticas que poideras realizar, os contratos que poideras ter, as funcións que  desempeñaches, etc. Trata de falar sobre resultados específicos en lugar de limitarte a describir as túas experiencias laborais.

  • Motivación: Ademáis, durante a entrevista o/os interlocutor/es da empresa tratarán de pronosticar o teu rendemento potencial na mesma, valorando o grao de motivación. En ocasións, unha boa motivación pode subsanar deficiencias de formación ou experiencia.

  • Autoavaliación: Por último, para pechar a entrevista, seguramente te pidan realizar unha autoavaliación, para que reflexiones sobre os teus puntos fortes e febles, coa intención de establecer o teu grao de coñecemento e satisfacción personal, a sinceridade, nivel de seguridade e de confianza en ti mesmo.

É importante que acudas á entrevista coas ideas claras sobre os teus obxectivos profesionais, de xeito que saibas explicar os fundamentos da túa elección, por qué escolleches solicitar un posto nesa empresa e non noutra, por qué queres desenvolver a  túa carreira nunha pyme ou nunha gran empresa, ou por exemplo, por qué  formándote como avogado, queres dedicarte á empresa e non ó exercicio libre da profesión.


As empresas valorarán moito o feito de que vaias informado sobre  as súas actividades,  directivos,  productos e marcas, os seus competidores ou clientes, algo que poderás preparar recopilando información en prensa, en Internet ou solicitando información directamente á propia empresa.


As preguntas máis habituais nunha entrevista, é dicir, aquelas que debes preparar para contestar de forma lóxica e ordenada, son:



  • ¿Cómo soubo de nós?

  • ¿Qué sabe da nosa empresa e qué aspectos lle gustaría coñecer en maior profundidade?

  • ¿Por qué quere traballar con nós?

  • ¿Qué espera deste posto de traballo?

  • ¿Por qué escolleu este sector de actividade para desenvolver a súa carreira profesional?

  • ¿Qué cre que podemos aportarlle profesionalmente?

  • ¿Qué pode aportarnos a nós?

  • ¿Qué salario quere percibir?

  • ¿Estaría disposto a viaxar ou a trasladarse a outro lugar?

  • ¿Cáles son os seus obxectivos profesionais a medio/longo prazo?

  • ¿Prefire traballar en equipo ou individualmente? ¿Por qué?

  • ¿Qué é para vostede o máis importante dun emprego?

  • Fáleme da súa carreira

  • ¿Pensa continuar estudiando?

  • ¿Cómo se defende en inglés/francés?

  • ¿Cáles son os seus puntos fortes e os seus puntos febles?

  • ¿Cál é a súa mellor cualidade e o seu peor defecto?

  • ¿Cáles foron as seus éxitos ou realizacións máis destacados?

  • ¿A qué dedica o seu tempo libre?

  • ¿Qué espera vostede da vida?

  • ¿Ten algunha pregunta?

As preguntas que ti fagas ó entrevistador deberán estar relacionadas dalgún xeito coa empresa e o posto a cubrir. A cotio, as preguntas que formules serán máis importantes para o entrevistador cas que el te faga a ti.


Cando acudas á entrevista:



  • Asegúrate do lugar e da hora da mesma, así como do nome do entrevistador;

  • Sé puntual. Si por algunha razón de peso sabes que vas chegar tarde, comunícallo canto antes á persoa que te vai  entrevistar;

  • Coida a indumentaria e hixiene persoal. Viste de maneira correcta, de acordo coa túa personalidade, pero sin ser demasiado informal ou extravagante;

  • Leva dúas ou tres copias do CV. e asegúrate de que poderás xustificar tódolos elementos do mesmo;


Durante a entrevista:



  • Saúda á persona que te vai entrevistar polo seu nome, mirándolle ós ollos, e apertándolle a man;

  • Dá unha imaxen de naturalidade e confianza en ti mesmo ó entrar ó despacho do entrevistador. Adopta unha postura relaxada, sin exaserar;

  • Coida a túa comunicación non-verbal. Procura non manifestar timidez, tensión, nerviosismo, agresividade, impaciencia ou dúbidas;

  • Abstente de fumar aínda que sexas fumador e cho ofrezan;

  • Mantén a atención en todo momento. Un aparente desinterese nalgún momento da entrevista pódese asociar ó posto de traballo e mesmo á propia empresa;

  • Convence ó teu interlocutor das túas cualidades e amósalle o teu interese e entusiasmo por traballar na súa empresa;

  • Lembra que na primeira entrevista, o máis importante é o posto de traballo ó que queres acceder e non o salario, nin as vacacións e permisos;

Agora ben, ¿qué actitudes debemos adoptar e cáles debemos evitar nunha entrevista? Podemos resumilo en 12 puntos:



  1. Sé natural, no convén parecer forzado, porque máis tarde ou máis cedo saberase cómo somos e pode ser contraproducente;

  2. Sé sinceiro, eso provocará confianza no interlocutor;

  3. Sé breve e conciso de xeito que se entenda con claridade o que expoñemos;

  4. Contesta á pregunta que se nos fai, e non divagar ou "sairnos polos cerros de Úbeda";

  5. Si non sabes algo, dio, non é ningún delito non sabelo todo;

  6. Ante preguntas comprometidas compórtate de forma natural e si cres que non tes a obriga de respostar exprésallo educadamente e explica por qué o fas;

  7. Mira ós ollos ó entrevistador, infundiraslle máis confianza e credibilidade;

  8. Non fagas ostentación e prodiga humildade, xa terás tempo de amosar o que vales e o que eres;

  9. Coida a presencia, aseo e vestido;

  10. Controla o movemento das mans ó expresarte e lembra cos movementos amplos denotan menos nerviosismo cos curtos e repetidos;

  11. Sé educado, é unha das claves da convivencia e esta é importantísima na vida interna dunha empresa;

  12. Pregunta o que se espera de ti na empresa, amosa interese polo posto e a proxección que ofrece a compañía.
« Voltar
 
2010 GaliciaEmpleo.net
Versión en español    |   Aviso Legal   |   Privacidade |   Mapa   |   Contacto   |